Kamikaze do xaponés: Kami (divino) e Kaze (vento). A homenaxe pola morte do Sr. Kamikaze reúne aos seus estraños camaradas nunha cerimonia que repiten solemnemente cada ano. Un tipo gris e aburrido chega alí de xeito accidental. Quén era este morto para merecer tantos honores? Por qué despois da morte celébrase tanto a vida? Será que a vida é tamén unha kamikaze?
Este é o punto de partida do primeiro espectáculo de Pistacatro Productora de Soños como compañía, en coproducción co Centro Dramático Galego (CDG). Sete artistas provenientes do circo, do teatro e da música arredor dun concepto: kamikaze; e partindo dunha intención, ensamblar as súas experiencias e coñecementos individuais nun espectáculo multidisciplinar e anovador da escena galega.
Trátase dunha metáfora visual e irónica das relacións entre as persoas, do poder da individualidade, da diferenza de carácter entre personalidades e do resultado de compartir esas diferenzas nun obxectico común: a unión fai a forza. Kamikaze: Vento divino. Para tódolos públicos.
Descargar dossier
Elenco: Alfonso Medina, Manu Lago, Xabier Mera, Natalia Outeiro “Pajarito”, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Pablo Reboleiro.
Dirección Artística: Hernán Gené
Axudante de Dirección: Marta Pazos
Textos: Pistacatro e Hernán Gené
Coreografifas: Pistacatro, Hernán Gené e Marta Pazos