Comedia e virtuosismo físico que xorde do encontro casual de dúas persoas: tócanse, úlense, séntense e comezan o seu camiñar xuntos. As habilidades físicas e interpretativas dos actores son o lenzo narrativo.
As emocións debuxan unha historia polas relacións humanas expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema. Disciplinas: Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares.
Cia. Lusco e Fusco. O dúo Lusco e Fusco xorde da unión de dous dos artistas máis carismáticos do panorama do novo circo e teatro físico galego: Alfredo Pérez “Circanelo” e Pablo Reboleiro “Trasno”.
Os dous teñen formación en Circo, Teatro físico e Danza, e una experiencia laboral moi similiar, basexada en espectáculos de rúa unipersonais con contacto e comunicación directa co público e shows de teatro con personaxes que xorden da fisicalidade do corpo. Show de Rúa e de Interior. Para tódolos públicos.
Descargar dossier
Elenco: Pablo Reboleiro, Alfredo Pérez “Fredy”
Direción Artística: Cia. Lusco e Fusco e Pablo Sánchez
Coreografias: David Loira e Alexis Fernández
Iluminación: Alfonso Castro
Espazo Sonoro: Fran Pérez “Narf”
Vestiario: Clotilde Vaello