A Compañía
PISTACATRO é a compañia e a produtora de Circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. Distribúe as súas propias producións ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Tras case 18 anos desde a súa constitución, no ano 2006, Pistacatro pretende continuar asentándose como a produtora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos. Un facilitador de profesionalización do circo na nosa terra baixo criterios de calidade e interese cultural, respectando os dereitos dos traballadores e artistas que, dalgún modo, participan no noso proxecto. Queremos ser un catalizador que permita a comunicación con outras persoas e proxectos para xerar cultura en coprodución ou en colaboración manténdonos fieis á nosa complicidade co público.

Aitor Garuz
Pablo Reboleiro
Malabares con mazas, bolas, antorchas, diábolos, contact, acrobacias de chan, acrobalance, minitramp, báscula, verticais, roda Cyr, rolo, danza contemporánea, claqué, guitarra, ukelele, flauta travesera, acordeón..


Belem Brandido
Producción/Distribución e Xestión de Proxectos e Comunicación. Galega, Licenciada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual pola USC, traballa como freelance nas artes escénicas (circo e teatro) e na industria do cine dende hai case 20 anos. A súa vinculación ó mundo do circo ven xa das primeiras Festas do Circo na Sala Nasa (Santiago de Compostela) dende o ano 2000. A partir de ahí comeza a colaborar activamente co colectivo de artistas circenses da cidade, que logo no 2005 formarían Pistacatro. Dende o ano 2006 comeza a traballar en diferentes produccións da compañía para logo formar parte da súa sociedade.
Jose Expósito
Administrador e Xerente e xestor de proxectos na compañía. Licenciado en Bioloxía pola USC, estudiou tamén o Curso Superior de Xestión de Organizacións e Empresas Culturais co Grupo Xabide en Vitoria-Gasteiz. Foi tamén fundador da sociedade LILITH Acción Social e Educativa S.L. onde traballou proxectos sociais desde a perspectiva de xénero. É membro da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
