Encontros/ Festivais
No ano 2016 a compañia e produtora PISTACATRO, decana do novo circo en Galicia e a máis relevante, cumpre 10 anos de vida e para festexalo os seus socios decicen xerar o que é o Proxecto D10! Unha idea netamente centrada na prodción de coñecemento sobre o circo e co que pretenden que sexa unha plataforma destinada á mellora e innnovación do sector circense en Galicia en conexión con outras partes do mundo.
O Circo das Catro Pistas de Pistacatro pretende ser un corte reflexivo e formativo a parte de supor o resumo dun ciclo histórico para a produtora galega. Unha celebración que propicia tamén a planificación nos vindeiros anos dun colectivo artístico que ata ese momento e durante os seus primeiros dez anos de vida foi un revulsivo para as artes escénicas de Galicia e o único punto estable de produción de circo ata a data no Noroeste peninsular.
O D10 é posible a día de hoxe co financiamento do Ministerio de Educación e Cultura-INAEM e a colaboración de CDG-Salón Teatro, Agadic, Cidade da Cultura de Galicia e Concello de Santiago.
D10!. Encontro de Formación e Innovación
Periferia
Perifeira. O Circo no Rural, é un proxecto de festival de pequeno formato e de proximidade da compañia Pistacatro en colaboración co Concello de Santiago de Compostela. PERIFEIRA aterra nos bairros e nas parroquias de Compostela para completa-la programación cultural da cidade con shows de pequeno formato e con accións de proximidade coa veciñanza e públicos no entorno rururbano.
Incidindo, coma non pode ser doutro xeito, no Circo como proposta preferente para o desenvolvemento deste singular festival, Pistacatro abre tamén a posiblidade a outras artes vivas, coma a música ou a danza, cunha intención clara que é xerar Pequenas Feiras Escénicas nas perifeiras da cidade.
Un festival que promove os valores nos que Pistacatro apoia os seus proxectos e espectáculos: a familia-colectividade, o humor, a cooperación, a inclusión, o manexo do risco e a visualidade poética.