Logo de catro edicións realizadas Pistacatro afronta un novo reto para consolidar o D10 como referente en España de encontro dos artistas, formadores, alumnos, comunicadores e profesionais do apartado gráfico e técnico e como espazo onde tamén se traballará o conflicto do xénero nesta disciplina artística.
Este ano, damos un paso máis e convertímonos en punto no mapa xeográfico que acolle Mesas de Trabajo da APCG (Asociación Profesional de Circo de Galicia), xa na súa nova etapa coa nova directiva e os novos socios da Asociación Profesional de Circo de Galicia e tamén acollemos o IV Congreso de Circored, que nesta ocasión sae por primeira vez fora de Madrid e trasládase a Galicia nesas datas, para así iniciar unha etapa de Congreso noutros lugares da perifeira estatal e se descentraliza de Madrid.
Laboratorios:
– Presenza, Dramaturxia e Creación. Pau Portabella. Días 26 a 29 de novembro.
– Malabares & Movemento. Sean Gandini & Kati Ylä-Hokkala. Días 30 de novembro a 2 de decembro
Exhibición:
. Homenaxe. Cia. En Diciembre. Día 24 de Novembro
. Ego. Cia. Dikhotomia. Día 27 de Novembro
. Ovvio. Kolectiv Lapso Cirk. Día 3 de Decembro
IV Congreso de Circored, en Galicia no marco da V Edición D10!
Entre o 23 e o 26 de novembro. Lugar: Cidade da Cultura de Galicia