VIII EDICIÓN D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo
Chega a Compostela e a Galicia a que xa é a VIII Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo que a compañía Pistacatro ven organizando dende que cumpriu unha década, no ano 2016.
Pistacatro achégase á que xa é a oitava edición dun proxecto centrado netamente na producción de coñecemento sobre o circo e en convertilo nunha plataforma destinada á mellora e innovación do sector circense en Galicia en conexión con outras partes do mundo.
Posicionando cada vez un poco máis o proxecto no contexto estatal e europeo, dende Pistacatro estudiamos dar un paso máis no coñecemento e na investigación coas novas linguaxes nas artes circenses e facelo pouco a pouco máis consistente e máis necesario.
Pistacatro fortalece así o D10 como unha auténtica plataforma para as artes circenses potenciando o sector e apoiando á comunidade no país.
Entre o 22 de novembro e o 7 de decembro sucédese en Compostela un programa, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais; a subvención do Ministerio de Cultura-Inaem; e o apoio do Concello de Santiago, o Centro Dramático Galego, La Grainierie de Toulousse, a Cidade da Cultura e o Hotel Costa Vella.
O programa deste evento, pasa polo apartado de Formación, de Exhibición e de Debate e reflexión.
Vídeo resumo do que pasou nesta VIII Edición D10!
Link Vídeo : https://vimeo.com/manage/videos/896480271
Vídeo resumo do que pasou nesta VIII Edición D10!