Eventos
Comeza a FASE2 do Antípodas Lab en Toulouse
Do 14 ao 18 de xuño viaxaremos a Toulouse para dar continuidade ao Antípodadas Lab. Este traballo iniciado no ano 2022 e parceiria co centro circense La Granerie é posible grazas ao patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia. O Antípodas Lab explora a posibilidade de que os procesos creativos das/-os artistas circenses poidan ter unha orientación nos procesos de innovación das empresas.
A expedición galega esta composta polos artistas Anton Coucheiro, Paula Quintas, Johana Hess, Aitor Garuz e Pablo Reboleiro e as empresas Codery e Habitat social s.c.g
Aquí tedes a programación:
13 de xuño: chegada de artistas e relatores galegos
14 de xuño: Obradoiro colectivo (aberto) sobre cuestións e problemas de laboratorio
15 e 16 de xuño: Laboratorio de investigación para as seccións de artistas
17-18 de xuño: obradoiros de artistas e emprendedores.


Eventos anteriores:
A orquesta viaxa a Colombia e Brasil
Os vindeiros días marchamos para Colombia ao Festival internacional de Teatro de Manizales onde actuaremos no Teatro de los Fundadores o día 28 de outubroás 19 h. O día 31 desprazarémonos a Medellín como unha extensión do FIT no Festival de Teatro y Música COMFAMA San Ignacio. O lugar e hora da función será tamén ás 19 h no Patio Teatro Claustro.
Estas funcións terán lugar grazas a un programa de cooperación cultural co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais da que aparte da nosa compañía tamén estarán presentes outras compañías galegas como Elefante Elegante, Teatro Ainé, Ibuprofeno Teatro e a Cía Fran Sieira. A todas elas moita sorte e éxitos nesta aventura no continente americano.*
Xa fora desta iniciativa o 8 de novembro aterraremos en Recife para participar no festival de Circo do Brasil onde completaremos o noso periplo por terras americanas.
Este proxecto está patrocinado por:
