You are here:

Sonámbulo é unha viaxe onírica, un cabaré portátil, un show de variedades a bordo dunha cama, onde viviremos o universo dun bufón rosmón que non consegue durmir. Un pallaso insomne que conta ovellas. Mais quen está esperto, quen durme e quen soña?

Antón Coucheiro presenta un espectáculo de rúa sen palabras, clown, teatro físico, efectos máxicos, nunha comedia visual na que a participación do público resulta fundamental.

Show de Animación de Rúa ou de Sala

Duración: 50 minutos

Para tódolos públicos

Descargar Dossier