You are here:

Benvidos ao mundo de “Nono”, este inocente clown faravos viaxar pole seu mundo de fantasía, onde intentaravos mostrar os seus mellores trucos de malabares ainda que os problemas acontezan en cada esquina, e o final, rematen sendo resoltos con moito humor.

Poderedes disfrutar de incribles malabares, unha pelexa encarnizada cun mosquito, a aparición do seu inseparable amigo o mono, un combate de boxeo, e moito, moito máis. Todo isto, nunha combinación de Mimo, Malabares, Manipulación de marionetas, clown e un mundo sen palabras que vos fará rir e saltar dos asentos. Un espectáculo rico e cheo de paixón para tódalas idades.

Artista en escena: Arturo “Nono”

Técnica Circense: Clown e malabares

Duración: 40 minutos

Para tódolos públicos