You are here:

Paxaros no cabo é unha proposta multidisciplinar, onde a danza vertical convive coa música en directo e o audiovisual, así como con outras técnicas circenses, para crear un traballo coral que investiga o límite entre o interior e o exterior das persoas, tanto física como emocionalmente. 

Nunca como ata o de agora tivemos tan presentes eses límites, que, fisicamente, se materializaron nas paredes das nosas propias casas e, emocionalmente, na separación e distancia doutras persoas.

Pista Catro propón en “Paxaros no Cabo” unha reflexión sobre as fronteiras entre o “fóra” e o “dentro”, creando unha fermosa alegoría escénica entre o corpo físico, achegado á terra, e a imaxinación, que abre portas e xanelas infinitas e onde os límites son establecidos única e exclusivamente por cada persoa.

Un personaxe, Hermes, chega a un espazo común (que podería ser calquera dos barrios nos que vivimos) para traer unha mensaxe e, se fose oportuno, recoller os que lle entreguen os habitantes anónimos que atopa, revelando así o escaso tempo que tomamos en decidir o que queremos, o que realmente necesitamos.

Espectáculo para público a partir de 9 anos

Duración: 75 minutos

Dirección: Clara Gayoç

Descargar Dossier en galego