You are here:

Alma (non é hippie)

Colectivo verticalia

Danza Verical/ 55´/ +9anos/ Sala

Sinopse:

Catro mulleres crean na escena unha linguaxe segreda na que resgardar o misterioso silenzo que anima ó corazón da existencia. Unha linguaxe que resiste no que aínda non se pode nomear. A simple imaxe dunha corda de danza vertical que colga do ceo dun teatro evoca aquelo que nos sostén entre a vida e a morte. ALMA pregúntase que é o que pode ser danzado hoxe na escena, como interrumpir as danzas que emerxen do virtuosismo especializado e da produción selfie e espectacular.