You are here:

“Orquestra de Malabares”, un dos proxectos máis orixinais e suxerentes no eido escénico do circo no estado e en Europa. Aunando os dous mundos nun mesmo escenario coma son o CIRCO e a MÚSICA da man de 6 malabaristas e máis dunha treintena de músicos que conforman as bandas municipais de música da cidade ou vila que a compañia visite. Tradición e Innovación unidos nun mesmo proxecto único en todo o Estado e pioneiro.

SINOPSE: Á semellanza do fume, o circo, na súa evolución xeométrica cara o futuro, penetra por todas as portas, ventás e fendas do panorama escénico. Neste caso ocupa os espazos baleiros entres os atrís e as cadeiras dos músicos dunha banda municipal.

Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e unha banda municipal. Unha relación entre música e circo. Un concerto onde os malabares son os bailaríns deste ballet aéreo. Clarinetes, saxos e trompetas son os pintores dun cadro expresionista no que as bolas, mazas e aros debuxan no aire os sentimentos e emocións que transmite a música e o circo.

A banda municipal e os seus músicos, fora da súa zona de confort, participan, case como actores, dun espectáculo teatral tocando temas e estilos fora do común. En definitiva, este é un espectáculo de instrumentos dourados, grandes tambores, pratillos, camisas brancas, uniformes e maxistráis obras clásicas pero tamén de pantalóns curtos, camisetas, gafas de sol, funk, blues, pop e punk.

Descargar dossier Galego

Descargar cartaz

Intérpretes: Arturo Cobas, Dulce Duca, Dani Fausto, Aitor Garuz, Guillermo Porta, Santiago Montero, Xampi.

Dirección Artística: Pablo Reboleiro

Dirección Musical: Manuel Paino

Produción: Belém Brandido, José Expósito

Axudante de Dirección: Diego Anido

Coreografias Malabares: Dani Fausto

Deseño de Vestiario: Uxia Vaello

Apoio Dramaturxia: Marcos Carballido

Sastra: María Villas con Maravillas Atelier

Deseño Imaxe: Juan Gallego

Fotografia: Rubén Vilanova

Vídeo: Tamboura Films

Comunicación: Pistacatro Productora de Soños S.L.

Distribución: Belém Brandido/Pistacatro Productora de Soños S.L.

Orquesta de Malabares