You are here:

Existen dous tipos de persoas no mundo: as que toman café e as que non, e Kaldi está pensado para estes dous tipos.

A través do café, a artista sumérxese xunto co público nunha viaxe emocional onde non todo sae ben á primeira, sen embargo, isto fai que a moza trapecista fale a través dos seus elementos: acrobacias aéreas, teatro, clown, manipulación de obxectos e movemento, unha aventura, cargada de esperanza e emocións, que nos desvelarán a súa visión dun mundo cheo de café.

A escenografía será a encargada de unificar e darlle vida a toda a proposta, xenerando unha cálida e acolledora atmósfera, que xunto cunha música especialmente xerada para este espectáculo pon a guinda a esta proposta chea de sorrisos.

Técnicas Circenses: Aéreos + Clown e Manipulación de Obxectos

Show para rúa e para sala

Descargar dossier