Multiperpectivas de Paula Quintas é unha proposta orixinal e novidosa que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina Circo, Danza e Improvisación Teatral, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea: os límites entre o privado e o público.
MULTIPERSPECTIVAS é unha investigación dende un traballo académico e performativo titulado Filosofía e estética do corpo no circo coreografiado: perspectivas multidisciplinares e transversais, entre os diálogos entre a danza e o circo e as novas complexidades escénicas, presentada a modo de tesina pola Universidade Rey Juan Carlos, en 2020. A instalación xurde dende a necesidade práctica da acción e a perspectiva do espectador como reflexión contemporánea.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais
Todos os públicos