You are here:

Distribución con Pistcatro en Galicia e Portugal.

“O extrano imponse, á busca dunha naturalidade singular, do cotiá inesperado, da lóxica suspendida.”

“Non querían deixarse vencer pola indiferencia, gustáballes obsesionarse polos asuntos ilusorios e proezas pouco probables. As limitacións físicas resultaban un divertimento e un reto a extrapolar. Calquer pretexto para superar o ridículo, todo o que provocase extrañez e perturbase a orde establecida da lóxica das relacións humanas, era benvido ás súas festas e funcións, querían vivir para rir, rir para sorprenderse e sorpresas que os deixasen mudos, maravillados de beleza ou descoñecemento.”

O vodevil, unha inspiración.

Inspirados na rítmica do vodevil nunha primeira motivación xurdida ó buscar a transformación escenográfica da yurta e o seu espazo escénico. Tamén pola proximidade do xénero co circo e coma orixe do music hall e as variedades.

Ó tempo que é unha homenaxe e unha afirmación de entende-la nosa língua coma unha expresión popular. Tal e como a orixe do xénero na representación de farsas de pobo en pobo, a voix de ville (‘a voz do pobo’) é o derradeiro xeito escrito antes do actual vodevil.

Descargar dossier

Web