You are here:

Este paiaso pasará por varias emocións ao longo do seu espectáculo, desde a serenidade absoluta ata o máis puro nerviosismo. Iso si, case nunca, repito, case nunca … perde o control.

A naturalidade do personaxe fai que conecte rápidamente co espectador e como bo amante da improvisación encántalle verse en problemas, conseguindo facer destes os momentos triunfantes da velada.

Intérprete: Antonio Delgado Pérez

Técnicas Circenses: Clown e malabares

Duración: 50 minutos

Para tódolos públicos