X D10!

You are here:

X EDICIÓN D10!
ENCONTRO DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN EN CIRCO de Pistacatro


Chega a Compostela e a Galicia a X Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo que a compañía Pistacatro ven organizando dende que cumpriu unha década.
Pistacatro, Premio Nacional de Circo 2025, é a compañía e productora de novo circo máis relevante do noroeste da península con 20 anos traballando polo circo en Galicia. Achégase á décima edición dun proxecto centrado netamente na produción de coñecemento sobre o circo e en convertilo nunha plataforma destinada á mellora e innovación do sector circense en Galicia en conexión con outras partes do mundo.
Posicionando cada vez un pouco máis o proxecto no contexto estatal e europeo e, sobre todo en Galicia, coa oportunidade que se lle brinda aos profesionais das artes circenses e doutras disciplinas con esta formación e este encontro ao longo destes xa 10 anos, dende Pistacatro estudiamos dar un paso máis no coñecemento e na investigación da incidencia das novas linguaxes nas artes circenses.
Este circo das tres pistas (esferas) pretende ser un ano máis un encontro de corte reflexivo e formativo para os que integran a gran familia e comunidade de Circo. Dende a compañía, aproveitamos para visibilizar este foro de busca de coñecemento en novas formas e de exhibición doutros formatos circenses aos habituais no mercado convencional.
Unha cita que permite a identificación de talentos únicos, o apoio á emerxencia e a xeración en Galicia e estatal, e que este ano continúa o seu traballo con outras partes de Europa e tamén abre vías de colaboración con outros lugares do estado. Proxectos que abren posibilidades de empregar as metodoloxías creativas do circo na innovación empresarial e no traballo con artistas, como foi o caso do Laboratorio Antípodas que agora no 2025 amosa na escena un dos resultados.
Nesta xa décima edición, o D10! converteuse nun programa clave para o desenvolvemento do circo contemporáneo e o recoñecemento do circo como arte por dereito propio en Galicia. Os artistas e profesionais que aquí se dan cita diferéncianse pola riqueza e orixinalidade dos seus plantexamentos estéticos, así como polo seu afán de experimentación e de innovación e tamén o seu compromiso coa sostibilidade e coa sociedade e os territorios.
Pistacatro fortalece así o D10! como unha auténtica plataforma para as artes circenses potenciando o sector e apoiando á comunidade no país, ofertando un espazo de recursos ao servizo de creadores, técnicos e administradores.
Este ano, afianzamos o encontro no sector, continuamos a colaboración internacional coa Granerie de Toulouse e consolidamos a participación do sector galego e de fora das nosas fronteiras. Súmase a quinta programación estable do ciclo Circo a Escena (Rede de Teatros) e a II Gala de Entrega de Premios de Circo Manu Lago organizada pola APCG. Volvemos colaborar co Culturgal, onde se sucederán algunhas das actividades do encontro.
Durante 10 días a capital galega converterase en sede de referencia do novo circo actual ao concentrar nun mesmo espazo de tempo laboratorios, exhibicións e coloquios.

Organiza:

Patrocina:

Subvenciona:

logo ministerio