You are here:

UPTODOWN

Determinada compañía

Circo/ Familiar/ 50´/ sen texto/ Rúa-Sala

Sinopse:

Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un paiaso.
“Up2Down” é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo.
As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu estatus antagónico: O alto e o baixo; a funambulista -etérea e ideal-, e a paiasa -terrenal e mundana-. Xunto a elas, o público percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata acadar un punto de encontro: o equilibrio.