You are here:

Transir

Cia. Rojo Telón

Circo-Música/ ATP/ 50´/ Sen Texto/ Rúa-Sala

Sinopse:

Transir é un xogo sobre a transformación, o cambio, a vida e a morte, con forma dun concerto visual de circo pop.

No circo, como no día a día, xogámonos a vida. Non temos nada máis seguro que a morte. Crémonos felices, ilimitadas e capaces de controlar a natureza. Aceptar a nosa condición humana, aceptar que ao final imos morrer, que todo se acaba e que non todo depende de nós quizá nos permita pensar no presente, no que somos, sentimos e queremos.

Quizá isto nos sitúe en como sería vivir unha vida máis plena. Unha posta en escena lixeira en ton de humor, para rúa e sala, que se desenvolve entre as catro patas dunha estrutura de aéreos circense. Transir é o terceiro proxecto de Rojo Telón. É o resultado do proceso creativo entre 2022 e 2023, no que á linguaxe do circo (acrobacias aéreas e verticais) se suma a música en directo, acompañadas nesta ocasión por Marta Alonso Tejada na dirección artística e Pablo Reboleiro como axudante de dirección.