You are here:

Tal vez

Cia. Artropodo

Circo/ familiar/ 45´/ sen texto (castelán) / Rúa

Sinopse:

Tal vez sexa un espectáculo que che leve a compartir un bo intre cunha muller segura da súa indecisión.
Ao mellor só se trata dun show cheo de acrobacias, equilibrios e malabares,
aínda que poida conter trazas de humor serio e estupidez coherente.
Quizais atopemos unha contorsionista retorcidamente divertida.
Pode ser que estea soa e pode ser que a veces acompañada… ¿por ti?
Sen dúbida, un espectáculo sofisticado, intelixente e innovador, ou non! Só tal vez.