You are here:

Unha creación da compañía Pistacatro do ano 2008 dirixida por Marcos Orsi e Rolando San Martín.

Algunha vez quixeches ser astronauta? Piloto de formula 1? Estrela do rock? Xogar na NBA? Se contestas afirmativamente a calquera destas preguntas estás listo para ver o show que seguramente non cambiará a túa vida pero no que Ringo Rango demostra que se pode ser todo iso e máis durante unha hora de sketchs feitos con guitarra, batería, acordeón, ritmos con balóns de baloncesto, pelotas de rebote, acrobacia, deportes,…

Circo, música e humor nun cóctel impensable de tres amigos con personalidades opostas unidos para mostrar a bondade e saúde de ser un mesmo.

ADVERTENCIA:
Este show non é un medicamento
Lea atentamente o folleto de man
Non consulte as críticas para vir a vernos
É un consello da Asociación de Patafísicos Ringo Rango Productions

Descargar dossier

Dirección: Marcos Orsi e Rolando San Martín

Dramaturxia: Ringorrango, Marcos Orsi e Rolando San Martín

Elenco: Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Xabier Mera

Adestramento rítmico: Xurxo Troncoso

Escenografía e atrezzo: Ringorrango, Marcos Orsi e Rolando San Martín

Vestiario: Cloti Vaello

Deseño de iluminación: Alfonso Castro

Música orixinal: Aitor Garuz, Pablo Reboleiro e Xabier Mera

Imaxe gráfica: Alberto Guitián