You are here:

Proximamente: Variedades Pistacatro – A contratempo

Cabaret de VARIEDADES PISTACATRO no que se propón unha viaxe co circo coma ferramenta vehicular . Un espectáculo de teatro – circo en formato cabaret, ao máis puro estilo Pistacatro, no que os números de circo (aéreos, acrobacias, malabares,rueda cyr …) non só se presentan como exhibición de habilidades, senón como parte dunha dramaturxia que reivindica o circo tradicional e a súa evolución ata hoxe.