You are here:

LA GRUTESCA

Escarlata Circus

Circo/ idade recomendada 10-12 anos/ 60´/ Cast/ Sala

Sinopse:

Os asistentes son recibidos polos dous condutores da peza, Bet e Aspa, quen lles darán indicacións para crear obxectos que lles servirán de intercambio para acceder á arena.
Dentro da arena, invítase a todos os espectadores a sentar nunha grada en forma de semicírculo e a poñerse os auriculares cos que comeza o experimento sonoro. A partir de aquí, as escenas sucédense nunha minúscula pista central e un corredor polo que desfilan unha serie de actos poéticos, mentres a banda sonora nos acompaña a viaxar polo universo da risa.
Globos de helio, pedras, escaleiras bailarinas, gramófonos que rin, autorretratos que gravitan e papeis de fumar que danzan ao ritmo dun vals, son algúns dos elementos.