You are here:

Kalabazi

Cia. Jessica Arpin

Circo/ 45´/ ATP/ castelán-portugués/ Rúa-Sala

RECOMENDADA POR REDESCENA 2023

Sinopse:

É a historia dunha moza que, tendo unha hora libre antes de marchar, decide aproveitar ese tempo para casar.

Pero non con calquera!

Por iso organiza un concurso de amor para descubrir quen, entre o público, podería converterse no cónxuxe ideal.

Dúas persoas do público ofrécense e son sometidas a probas; a moza anímaos coas súas acrobacias en bicicleta e o seu curioso discurso ao revés.

Quen será a elixida?

Este espectáculo, de circo, clown e poesía, rico en emocións, represéntase na lingua do lugar onde se realiza, xa sexa dialecto napolitano ou brasileiro, inuktitut ou lingala.

Kalabazi xa se representou máis de 800 veces en 28 países, 8 idiomas e 23 dialectos.