IX D10!

You are here:

IX EDICIÓN D10! ENCONTRO DE FORMACIÓN E INNOVACIÓN EN CIRCO de Pistacatro

 

Chega a Compostela e a Galicia a IX Edición do D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo que a compañía Pistacatro ven organizando dende que cumpriu unha década.

A IX edición do D10! está patrocinado polo AGADIC, pola Xunta de Galicia e conta co financiamento do INAEM  e do Ministerio de Cultura.

Pistacatro, compañía e productora de novo circo máis relevante do noroeste da península con 20 anos ás súas costas e traballando polo circo en Galicia, achégase a que xa é a novena edición dun proxecto centrado netame

nte na producción de coñecemento sobre o circo e en convertilo nunha plataforma destinada á mellora e innovación do sector circense en Galicia en conexión con outras partes do mundo.

 

Unha cita que permite a identificación de talentos únicos, o apoio á emerxencia e a xeracion en Galicia e estatal, e que este ano continua e reforza as súas relacións con outras sedes en Europa, que naceron no seu momento para seguir enriquecendo o tecido en torno ó Circo e con proxectos que abren posibilidades de empregar as metodoloxías creativas do circo na innovación empresarial e no traballo con artistas e as posibilidades para os profesionais, como foi o caso da primeira experiencia do Laboratorio Antípodas e que no 2024 está a ver unha 2ª fase (en Toulouse) e unha 3ª fase nestes días en Compostela novamente.

Nestas xa NOVE edicións, o D10! converteuse xa nun programa clave para o desevolvemento do circo contemporáneo e o recoñecemento do circo como arte por dereito propio en Galicia e para a comunidade galega e de fora desta comunidade. Os artistas e profesionais que aquí se dan cita e que se reúnen para afondar en diferentes vias de traballo dentro do sector diferenciánse pola riqueza e orixinalidade dos seus plantexamentos estéticos, así como polo seu afán de experimentación e de innovación e tamén o seu compromiso coa sostenibilidade e coa sociedade e os territorios. Esta parte tamén de gran importancia para a compañía Pistacatro á hora de abordar proxectos no seu sector e traballar por un presente-futuro máis sostible na escena non só circense senón doutras disciplinas artísticas.

PROGRAMA IX EDICIÓN D10! Encontro de Formación e Innovación en Circo

.LABORATORIOS:

. – LABORATORIO ANTÍPODAS, con La Granerie, de Toulouse. 3ª Fase

. – “O CIRCO. PISTA DE CONTRADICCIÓNS”, coa Cia. Escarlata Circus. 

. – “DEEP MALABAR” Parte III. Con Stefan Sing. 

. A ESCENA: 

. Código Fonte

. FORADADA. Cia. Africa Lloréns

. AKRI. Cia. Manel Rosés

. MAHMUD Y NO SOLO MAHMUD. Puntocero Company

CIRCO/CAFÉS . Extención co Culturgal

. APCG presenta o Censo do Novo Circo de Galicia e a 1ª Edición dos Premios do Circo Galego MANU LAGO

. Mesa 1. Xeneracional

. Mesa 2. Xerar dende a Igualdade