ISOLADA
Cia. Natalia Outeiro “pajarito”
Clown/ ATP /50`/ Galego/ Sala (non convencionais)
Sinopse:
“A MULLER NENA HABITA NUNHA ILLA AFORTUNADA”. EUGENI GRANELL.
Esta é a frase que abre a porta a unha nova aventura, a creación dun espectáculo de clown con poesía que volta á esencia da pallasa, da pallasa como concepto e tamén da pallasa como actriz, dándolle un contexto contemporáneo e onírico.
A chegada dunha pallasa a unha illa, onde sobrevivir é naufragar, e o fracaso unha forma de existir. Unha aventura chea de ilusión, xogo,
imaxes. Todo cambia a cada instante, porque con todo se pode xogar, co presente, coa realidade que se vive. A soidade, a ensoñación dun cabaré bailado cun carretillo feito persoa, a aparición dun nativo co que compartir un futuro quizais non desexado. Contradicións eternas do ser humano, instintos básicos, a risa e a poesía como fío entrelazador de historias.

ISOLADA
Cia. Natalia Outeiro “pajarito”
Clown/ ATP /50`/ Galego/ Sala (no convencionais