Ambientado na época actual, Impreuna é un espectáculo mergullado íntegramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown). Todo isto sen renunciar, sen complexos, á fusión con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.
O espectáculo descúbrelle ó espectador a vida interior do circo a través das vivencias dunha troupe de 7 artistas. As pequenas aventuras cotiás destas sete personaxes teñen como intención levar ao público a participar dunha viaxe polo mundo das relacións en grupo, unha visita polos valores do circo: a amizade, a familia, o traballo en comunidade, a solidariedade e a cooperación.
A linguaxe corporal é o principal instrumento que articula a comunicación entre artistas e público para explicar que “o máis difícil todavía” non é o exercicio circense senón o lado humano das personas que nos adicamos ao maior espectáculo do mundo: o CIRCO. Impreuna é un espectáculo cheo de optimismo, basexado na unión entre persoas para responder aos conflictos que envolven ao ser humano. Para tódolos públicos.
Descargar dossier
Elenco: Pablo Reboleiro Rama, Alfredo Pérez “Fredy”, Aitor Garuz Milla, Antonio Delgado, Raquel Oitavén, Ariñe Azkúe, Óscar Páez
Covers: Manuel Lago, Xenia Tartari, Sofia Espiñeira
Direción Artística: Pablo Reboleiro
Axudante de Direción e Coreografias: Xenia Tartari
Iluminación: Octavio Mas
Vestiario: Belém Brandido
Deseño e Vídeo: Natasha Lelenco
Produción: Pistacatro Productora de Soños