You are here:

Gran gala de circo de Pistacatro

Piscatacatro

Circo/ Familiar/ 60´/ Galego/ Rúa ou Sala

Sinopse:

A fórmula de Gala de circo colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. Os Cabarés de PistaCatro ou as Galas inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué, entre outros. Ofrécese así ó público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

Este formato permite unha grande adaptabilidade en canto á duración e ós contidos do espectáculo, segundo o negociado co contratante.