Ciganí 100%
Cia. Antón Coucheiro
Clown/ ATP/ 55` /Galego/ Rúa
Sinopse:
Os xitanos balcánicos chegan á cidade. Veñen sen papeis,
infrinxindo as leis, alterando a orde pública, transgredindo tódalas normas. Non saben comportarse, son un auténtico furacán na rúa. A xente rirá e chorará con eles, porque todas buscamos encaixar, todas buscamos o noso lugar no mundo máis alá de calquera fronteira, todas levamos a unha cativa tola dentro, con ganas de xogar. Tocarán, bailarán, cantarán, farán malabares con ladrillos, boxearán cos seus fillos, casarán con quen sexa, dispararán, fuxirán da policía, farán de todo por roubarlle un sorriso… e uns euros. Ao final, o grande número da mini-moto e o Salto Mortal de Lume.























