B.O.B.A.S. (Banda Orquestal Benéfica de Actos Sepulcrales)
Cia. Jimena Cavaletti.
Clown/ Familiar/ 55´/ Sen Texto/ Rúa
PREMIO AO MELLOR ESPECTÁCULO 2023 UMORE AZOKA DE LEIOA
PREMIO PÚBLICO ARCA 2023
SELECCIONADA NO CATÁLOGO DE CIRCO A ESCENA 2023
Recomendado por Redescena 2023
PREMIO ESPECTÁCULO DE RÚA FETEN 2024
PREMIO DO PÚBLICO MOSTRA IGUALADA 2024
PREMIO DO PÚBLICO SENSA PORTES 2024
Sinopse:
Unha humilde banda musical organiza cerimonias de enterro, pero desta vez o crego e o defunto non chegan. Estas tres músicas, durante o atraso do defunto, comparten xunto á familia e amizades unha espera sumamente incómoda… e desastrosa.
Con trompeta, bombardino, caixa e prato, este trío de B.O.B.A.S. transforma unha situación dramática nunha comedia de accidentes. En terra, ao aire libre, sen necesidade de electricidade e ata coa posibilidade de facelo baixo a chuvia, este trío de clown clásico e á vez contemporáneo aproveitará a ocasión para facernos rir de cousas básicas.







