You are here:

O Circo da Casa Pequena presenta a historia dunha rapariga, Nmógadah, que se ve abandonada no medio dunha guerra, sen mais compañía que as bombas e o asubío das balas. A protagonista foxe da morte e bótase a un camiño no que non poderá distinguir os inimigos dos amigos. Unha odisea na que Nmógadah atravesará sinistras grutas e vertixinosas montañas, florestas musicais e mares tenebrosos, o pesado sofrimento da cadea e a levisima ensoñación da liberdade. Nesta aventura vai axudada polo Mestre Lionel e unhas criaturas prodixiosas que desafían a lei da gravidade: os artistas do circo. Acompañémola neste arriscado camiño de regreso á república de Arnoia! ¿Existirá realmente Arnoia, ou será un deses paises soñados que desaparecen ao pasar a adolescencia? Pistacatro presenta o seu último espectáculo do ano 2018 en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) Arnoia Arnoia: o Circo da Casa Pequena. Un espectáculo de teatro-circo que dirixe Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario deste autor galego inigualable.

Elenco: Ánxela Blanco, Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Álvaro Reboredo, Beatriz Rubio

Direción: Quico Cadaval

Autor: Xosé Luis Méndez Ferrín

Produción e Distribución: Belém Brandido-Pistacatro

Escenografia/Iluminación: Baltasar Patiño

Vestiario: Carlos Alonso

Axudante de Dirección: Marcos Ptt. Carballido/Clara Gayo

Edición músicas e ambientes: Xurxo Pinheiro

Selección Musical: Marcos Ptt. Carballido

Asesoramento rigging: Marcé Solé

Asesoramento Vocal: Faia Díaz

Maquillaxe: Fany Bello

Deseño imaxe: Juan Gallego

Foto: Rubén Vilanova

Vídeo: Tamboura

Coa colaboración especial de María Bouzas. Agradecemento especial ós técnicos do CDG e a Germán Díaz.

Arnoia