You are here:

Analepsis

Cia. Paula Quintas

Circo  / ATP/ 15′ / Sen texto / Rúa

Sinopse:

Analepsis é un espectáculo de danza e circo, unha escena retrospectiva que formula unha historia de acción e reacción entre o corpo e o obxecto, sometendo o corpo a experiencias acrobáticas e de funambulismo dirixidas polo obxecto. Corpo e obxecto son o eixe principal dunha peza que actúa en ambas direccións, que vai do corpo ao obxecto e do obxecto ao corpo. A curiosidade, a desconfianza e a manipulación son os elementos utilizados para ir conectando varios momentos do discurso e trasladando a acción ao pasado.

Descarga o Dossier