Sonámbulo

Cia. Antón Coucheuiro Clown/ ATP/ 50´/ Galego/ Rúa-Sala https://www.youtube.com/watch?v=UNUu0FQwn90 Sinopse: Sonámbulo é unha viaxe onírica, un cabaré portátil, un show de variedades a bordo dunha cama, onde viviremos o universo dun bufón rosmón que non consegue durmir. Un pallaso insomne que conta ovellas. Mais quen está esperto, quen durme e quen soña? Antón Coucheiro presenta…

Set

Danza contemporánea + música electrónica para rúa e espazos non convencionais. Peza seleccionada no Catálogo de Danza Escena 2021. Set é unha peza multisiciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan nun espazo compartido. Novos comportamentos e cinética social onde a protección é invisible como mediador da distancia social. A través da…

Impreuna

Ambientado na época actual, Impreuna é un espectáculo mergullado íntegramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown). Todo isto sen renunciar, sen complexos, á fusión con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia. O espectáculo descúbrelle ó espectador a vida interior do circo a través das vivencias…

Encontros

Encontros

Comedia e virtuosismo físico que xorde do encontro casual de dúas persoas: tócanse, úlense, séntense e comezan o seu camiñar xuntos. As habilidades físicas e interpretativas dos actores son o lenzo narrativo. As emocións debuxan unha historia polas relacións humanas expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema. Disciplinas: Danza, acrobacia, equilibrios,…

Antúan de la Cream

Este paiaso pasará por varias emocións ao longo do seu espectáculo, desde a serenidade absoluta ata o máis puro nerviosismo. Iso si, case nunca, repito, case nunca … perde o control. A naturalidade do personaxe fai que conecte rápidamente co espectador e como bo amante da improvisación encántalle verse en problemas, conseguindo facer destes os…